sábado, 6 de febreiro de 2016

O antroido na clase: festa, máscaras e baile de disfraces!

   Ao longo de esta semana seguimos os mandadiños do Meco: algo na cabeza, a cara pintada, algo no pescozo e algo nos pes...  Logo completaban na clase coas teas, sombreiros e outros accesorios que tiñamos... Cando saquei as fotos, algunhas caras xa estaban despintadas e outros xa a lavaran... así que repasamos ou repintámonos de novo según o que eles pedían ...
   Tamén elaboramos os antifaces con papeis de seda e plumas e quedáronnos dun estilo entre veneciano e amazónico moi bonito... As plumas tiveron que contalas para que a todos nos tocase máis ou menos a mesma cantidade e escolleron as cores para combinalas ao seu gusto.
   Hoxe viñemos disfrazados da casa  para festa do Antroido do colexio. Fixemos un fotocall e algúns (non dou tempo a todos) explicaron o seu disfraz coa axuda de internet: buscábamos un disfraz parecido e quen era o personaxe. Por exemplo, de Pocahontas vimos os tipis indios, a roupa feita de pel de bisonte..., da bruxiña cantamos a canción "la brujita tapita", Jordán consigueu explicarlles aos outros quen eran Hipo e Desdentado coa axuda dun corto de "como entrenar a un dragón"...

  E despois puxemos unha mesa de festa e fixemos unha degustación dos postres típicos (rosquillas, orellas, filloas... ) que trouxeron os papás e mamás. Comeron antes do recreo... e despois do baile... e algún aínda botou de menos a merenda!. Aprendemos a compartir e  gustoulles todo moitísimo !


  Finalmente rematamos cunha sesión de baile na pista de atrás do edificio de primaria. Ao primeiro estaban algo asustados porque estabamos os 225 de infantil xuntos e impresionáronse (non era para menos!) pero despois foronse soltando e correron e bailaron...  (Durante estos días porei AQUÍ un enlace cos videos e as fotos que subirei na web do cole.)

Moitas grazas pola vosa colaboración coas actividades do Meco e as larpeiradas!


2 comentarios:

  1. Encantame estas fechas e @s nen@s pasano xenial cos disfraces,gracias por compartir eses momentos cos país,xa que este ano decidiron que non foran OS país o Colexio a velos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola!!!
      Supoño q habera mais papas e mamas q pensen o mesmo no de ir a festa do cole,eu non!!
      Pareceme unha boa decision, os nen@s despois da festa teñen q quedar no cole.....e seguro q mais deun.de mal humor por non.poder marchar cos seus papas......
      Ademais....habera papas q non.podan ir,e eses nen@s pensaran....pq non esta a miña mama!!!
      Que esten os papas e dp marchen pode crear unha angustia innecesaria.

      Eliminar

Comentarios: a túa opinión conta!